Con estas liñas soamente queremos darvos a benvida ao noso espazo web que pretende converterse nunha comunidade de axentes do sector.

Os nosos colaboradores cos seus apoios, permítennos ter maior alcance; co traballo en rede, asegurámonos dar un servizo de calidade e con garantía, ao integrar a outros profesionais especialistas cada un nos seus campos.

Os nosos provedores de servizos, empresas e profesionais, son a base dos nosos produtos turísticos que coinciden coa nosa filosofía de traballo e temos obxectivos comúns.

Os nosos clientes: se es cliente final, escoitámosche en viaxes Alma Gaia, axencia comerciante polo miúdo do grupo. Se es axencia almacenista, deseñámosche os produtos á medida dos teus clientes. Se es entidade, asociación ou grupo, ofrecémosche os produtos coas mellores condicións posibles a un prezo neto. Se es administración, escoitámosche en Latexos de Turismo como consultores do territorio de Galicia e ofrecémosche os nosos servizos segundo a túa demanda.

E outras persoas igual de importantes aos anteriores: os nosos protagonistas dos produtos turísticos, as persoas locais que nos axudan no deseño da programación. Deles falaremos en Galicia DESTINO.

Porque Galicia… é +.