Queremos compartir convosco outro pasiño adiante de Galicia é +. Podes atopar as nosas experiencias na plataforma de turismo Turistrip.

turistrip-experiencias-galicia
Como sabedes, desde Galicia é + apostamos por: a cooperación e a colaboración (sen abusos); a innovación, as novas ferramentas TIC… cunha filosofía clara: ofrecer o mellor aos nosos clientes (sexan particulares como neste caso, ou administracións).
Por iso, pareceunos unha excelente oportunidade ampliar as nosas canles de venda das experiencias en “Galicia es +”  e comercializalas directamente a través dos compañeiros de Turistrip; aos que lles desexamos moitísima sorte con este proxecto que xa é unha realidade, e aos que agradecemos enormemente a súa confianza e apoio.
Lembrámosvos que tamén podedes atopar as nosas experiencias en Galicia nas caixas de Plan B.
Xa sabedes! Podes comprar as nosas experiencias directamente connosco, ou a través desta canle: Turistrip:
“O Marketplace de experiencias e actividades turísticas de calidade”