O sábado 29 de xuño celebrarase o I Trail Nocturno de Lousame Fervenzas de Toxosoutos no Concello de Lousame. Galicia Es Mas colabora organizando unha actividade especial para acompañantes: o “Sendero al Sol”, unha andaina que vai desde as Fervenzas de Toxosoutos ata Monte Culou; desenvólvese á vez que o propio trail. A saída é ás 21 h desde as Fervenzas de Toxosoutos, aínda que agradecemos que a xente estea un pouco antes, para ser puntuais. O Sol non espera… Imprescindible inscrición previa en www.emesports.es  + info sobre actividade en hola@galiciaesmas.com

trail-posta-do-sol-lousame

Tanto as persoas que asisten á carreira coma os seus acompañantes, convértense en candidatos para a promoción do Concello de Lousame se se fan partícipes de actividades que se organicen durante o evento, ou a xornada posterior. Incluso convidándoos ou organizando o que se coñece en turismo como paquetes de actividades con aloxamentos e servizos da zona ou xeodestino  formado polos concellos limítrofes.

Este evento pode considerarse unha acción dentro do turismo deportivo. Preséntase unha oportunidade de promoción para este municipio e de negocio para os axentes económicos do sector ao posibilitar o desenvolvemento dunha actividade turística para a cal se fai necesaria a contratación de servizos turísticos e por tanto, a garantía dunha axencia de viaxes. É por isto que como axencia apoiamos o bo traballo que se está facendo desde Lousame, porque sabemos a quen apoiamos e con quen colaboramos.

Os propios deportistas e acompañantes agradecen as actividades ao redor do programa deportivo, non podemos esquecer que atopar un momento mentres eles/ as compiten, para relaxarse, coñecer o lugar e desconectar a mente, é fundamental no adestramento do acompañante e do que compite. De aí o Sendero al Sol en Lousame, unha actividade consciente ou de Mindfulness, na que se darán a coñecer costumes dos nosos devanceiros, como a adoración ao sol.

Vídeo de presentación

Noticia en El Correo Gallego