Somos membros de…

APATRIGAL (Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego), nace coa idea de crear conciencia na cidadanía sobre a necesidade de conservación e posta en valor do legado herdado.

A falla de interese xeral pola defensa da identidade cultural galega, considerándoa como o conxunto de valores identitarios (paisaxe, arqueoloxía, arquitectura, música, artes, lingua e literatura, costumes ancestrais) pode pór en perigo a nosa propia cultura.

APATRIGAL nace co obxectivo de seres unha única voz na defensa do patrimonio de Galicia, concienciar ás autoridades e aos cidadáns de que temos a obriga de manter, conservar e mellorar a estrutura que recibimos e transmitila nas mellores condicións ás xeracións futuras.

Todos sumamos e temos que colaborar creando unha conciencia colectiva sobre a relevancia da nosa herdanza e do noso patrimonio.

apatrigalBlog: https://apatrigal.wordpress.com/
Facebook: https://www.facebook.com/apatrigal/
Twitter: @apatrigal
También en Pinterest, Instagram y próximamente en la web www.apatrigal.gal