Consultoría

Como consutora de turismo, realizamos os seguintes traballos:

CREAMOS PRODUTOS E PROGRAMAS TURÍSTICOS. Creamos produtos turísticos e programas que posicionen a Galicia máis auténtica, descoñecida, máxica, secreta aos ollos de moitos… que a diferenza e posiciona no mercado turístico como o que é: un lugar único na terra. Planificación e xestión de territorial – destino, realización de mesas de traballo, creación de destinos 2.0, creación de destinos SICTED. Contamos con colaboradores expertos en xeografía, urbanismo, territorio, programación turística, branging e especialistas en márketing. Proxectos relacionados con este servizo:

  • Creación de experiencias para o xeodestino Costa da Morte (xullo a outubro 2018)
  • Creación do produto e creación de experienciasLa Bella Otero” para o municipio de Valga (xuño a outubro 2018)
  • Creación de experiencias de Rutas Literarias para Turismo Rías Baixas (marzo a xullo 2018)
  • Creación da Ruta Rosaliana para os Concellos de Padrón, Brión e Ames (outubro 2017 a febreiro 2018)
  • Retiros en Galicia desde setembro 2016
  • Ruta de la lamprea del Ulla, Galicia es mas (primeira tempada en primavera do 2017)
  • Caminos Sagrados: Pedronía  Galicia es mas (primeira saída en setembro 2016). Presentación oficial en xuño 2017 noMuseo das Peregrinacións de Santiago de Compostela
  • Comercialización de excursións para o grupo Área Santiago Turismo. Como Viajes Alma Gaia antes de crear Tau Turismo & Travel SC.

XESTIÓN CONSCIENTE DE PROXECTOS CON ALMA. Coordinamos sinerxias para dinamizar a economía local… Promocionamos e xestionamos o territorio conscientes da importancia da identidade e autenticidade de Galicia como destino único con alma. Proxectos relacionados con este servizo:

  • Identificación e sensibilización de provedores de servizos turísticos‘ para o grupo Área Santiago Turismo. Como Latexos de Turismo antes de crear Tau Turismo & Travel SC.
  • Creación de Catálogo de Proveedores de servizos para o grupo Área Santiago Turismo. Como Latexos de Turismo antes de crear Tau Turismo & Travel SC.

MÁRKETING TURÍSTICO. Elaboramos o teu plan de márketing, sexas empresa, entidade ou destino: desenvolvemento de plan de márketing  offline,  online e integrado. Análise DAFO – CAME, fixación de obxectivos e de estratexias, plan de acción, implementación e control. Elaboración e implantación de plans social media. Creamos o teu plan estratéxico social media a medida: análise da situación de partida, investigación  online, definición de obxectivos e estratexias, plan de acción e calendarización en redes sociais, medida do retorno, analítica web e presentación de informes mensuais. Xestionamos os teus Medios Sociais: apertura de perfís, formación sobre a súa utilización e entrega de manuais de uso. Elaboración de contidos e monitoraxe de canles sociais. Xestión de contido  e dinamización de comunidades a empresas, asociacións e destinos do sector turístico; medios-redes sociais, contas de Facebook, Twitter, Linkedin, Google Plus, Pinterest e blogues. Contamos con colaboradores especializados en SEO / SEM, informáticos, márketing dixital, deseñadores, tradutores e xornalistas. Proxectos relacionados con este servizo:

  • Web das  II e III Xornadas Gastronómicas, Padrón sabor a lamprea www.terrasdeiria.com/lampreapadron 
  • Comunicación e xestión do evento Saborea Padrón (VI, VII e VIII edicións) www.terrasdeiria.com/saboreapadron 
  • Xestión e actualización de contido web:  actualización do apartado de Axenda Cultural da web de Santiago Turismo en 3 idiomas (galego, castelán e inglés) (xaneiro a decembro 2016). Como Latexos de Turismo antes de crear Tau Turismo & Travel SC.
  • Actualización da web de Área Santiago Turismo (decembro 2016 a febreiro 2017). Como Latexos de Turismo antes de crear Tau Turismo & Travel SC.

XESTIÓN DE EVENTOS. Organizamos eventos con alma: coordinación e organización, decoración e creación de ambiente, imaxe e cartelería, branding…Proxectos relacionados con este servizo:

  • Xestión do evento Saborea Padrón 2016, 2017, 2018: visitas guiadas, andaina etnobotánica… Material diseñado (flyer, carteis, etc.) e plan comunicación: plan de social media para redes sociais, páxina web… Como Latexos de Turismo antes de crear Tau Turismo & Travel SC.

INFORMACIÓN:  minia@galiciaesmas.com /  617 42 12 76