Galicia é… Padrón

Padrón é… #gastronomía, literatos, #CaminoSagrados. Complicado acoutar a definición. En Padrón o viaxeiro pode atopar todo o que busca, viaxando como single, en familia, en grupo… porque Padrón é +.

Terra de literatos: Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Juan Rodríguez de Padrón, Macías o Namorado… de #gastronomía que leva a esencia desa terra cos Pementos de Herbón, a #lamprea, o viño albariño ou o vermú St. Petroni. Terra de Camiños Sacros coa Pedronía ou a Traslatio. Terra de lendas e historias vinculadas á Raíña Lupa, a Santiago Apóstolo. Onde din naceu o Camiño de Santiago, ou como di o refrán: ‘Se o Camiño de Santiago queres facer, que saibas que a Padrón coa Pedronía tes que volver’.

As nosas propostas para tí:

Retiros

Escapadas

Camiños Sacros

Información: reservas@galiciaesmas.com ou no 676 81 46 74 

Atréveste a descubrir Padrón connosco? Levarémoste ao lugar no que o río Sar e o río Ulla unen as súas augas, visitaremos o Convento de Herbón cos Pais Franciscanos, pasearemos por camiños antigos, sacros… Degustarás o auténtico licor de pemento de Herbón ou o mel extraído de terras sacras; un vermú galego elaborado con viño albariño cultivado nas terras que pisou Rosalía de Castro maridado con marmelada de pementos de Herbón.

AGRADECEMENTOS

Agradecemos á Concellería de Turismo do Concello de Padrón, e en especial ao Técnico de Turismo por todo o apoio a Galicia é +. Así mesmo, sumamos agradecemento a Manuel Freire e a todas as persoas que fixeron posible que hoxe Galicia é + sexa unha realidade. Grazas a eles, os viaxeiros de Galicia é + descubrirán un destino auténtico e poderán coñecer a súa verdadeira historia… porque Padrón, é +.