Galicia é… Pontecesures

Un pobo que permanence oculto aos ollos do viaxeiro esperando o seu momento. O noso primeiro descubrimento foron os ‘valeiros‘ pescadores do río Ulla e da Ría de Arousa que representan a valentía, a coraxe dos mariñeiros…

Pero unha vez que empezamos a investigar sobre o terreo, atopámonos con outros moitos elementos sobre os que falamos en Latexos de Galicia: A Leprosería de San Lois, a Cerámica Celta, a historia do ferrocarril ou as Feiras do Automóbil; A Plazuela ou o Alfolí.

Pontecesures, concello que abarca un territorio con menos de 7 km cadrados cheos de historia, cultura, gastronomía, literatos, artistas e intelectuais…

Neste destino nace o noso produto #LampreaconAlma nas súas diferentes modalidades: excursión de medio día, dun día, paseo en barco polo río Ulla… Os protagonistas desta historia son os Valeiros de Pontecesures sobre os que falamos en Latexos de Galicia. Iremos deseñando novos produtos neste territorio: Camiños Sacros, escapadas… porque Pontecesures é +.

galicia-con-alma

AGRADECEMENTOS:

Queremos agradecer, á familia de Antonio Pesado por toda a información facilitada e polo material achegado. Á familia de Maite Tocino por descubrirnos as rutas e facilitarnos a información deste pobo que non atopamos en guías. Grazas a eles, GAlicia é +, é unha realidade, e os viaxeiros de Galicia é + descubrirán un destino auténtico e poderán coñecer a súa verdadeira historia… porque Pontecesures, é +.