Traslatio

É outro dos nosos Camiños Sacros que estamos a deseñar neste 2017, para ti. De momento temos esta opción para o verán. Se precisas outra viaxe a medida,  consulta en reservas1@galiciaesmas.com 

A xornada comeza navegando en barco polas augas sacras do río Ulla, facendo o percorrido por onde din pasaron os restos mortais de Santiago Apóstolo. Pararemos nas Torres do Oeste en Catoira, e chegaremos a Pontecesures, poboación na que realizaremos unha pequena visita guiada. A continuación trasladarémonos a Padrón, berce do Xacobeo: vila marcada pola súa relación co Camiño. Relizaremos unha visita guiada, visitaremos ao Pedrón e faremos o Via Crucis de Santiaguiño do Monte. Terminaremos cunha visita ao Convento Franciscano de Herbón.

INCLÚE:

  • Kit do Viaxeiro G+
  • Visita guiada a Catoira
  • Visita guiada a Padrón e a Santiaguiño do Monte
  • Visita a Convento de Herbón e bendición do peregrino en Padrón
  • Traslados
  • Seguro de viaxes e IVE