CIRCUÍTOS pola Galicia Celta, terra de druídas…

Galicia é fonte da cultura celta. Posuímos máis de 3000 petróglifos por descubrir, figuras xeométricas gravadas en pedra con significado incerto; enterramentos e cidades castrexas ocultas nos nosos bosques, costas e montañas.

Aras ao sol e lugares que desde outrora forman parte da nosa cultura e que deixaron pegada no comportamento e tradición do pobo galego contemporáneo.

Para entender a cultura celta o primeiro é entender a súa unión coa natureza e o por que escolleron os seus hábitats en lugares determinados da terra. Un enigma aínda incerto e que sempre trae a debate xa que os celtas ou castrexos e os seus druídas non deixaron escritos, e a súa sabedoría foi transmitida de xeración en xeración, a través da nosa cultura, cantos, lendas e costumes. Acompañámosche por estes lugares máxicos… porque Galicia é +.

#GaliciaCelta          Galicia é natureza        Galicia es  +

Consulta en reservas1@galiciaesmas.com galicia-con-alma

NOTA IMPORTANTE: Os servizos formados por viaxes organizadas con aloxamento e/ou transporte son comercializados a través de Viajes Alma Gaia (grupo Galicia es mas) XG-535.