Ruta Rosaliana

“As Pegadas de Rosalía” un itinerario para descubrir a esencia de Rosalía de Castro, acompañados en todo momento polo seu espírito. A medida para unha ou dúas persoas, viaxes en grupo, ou como parada nun circuíto por Galicia.

O punto de partida é a Praza de Vigo: lugar no que viviu no seu día Rosalía e onde actualmente atopamos un monumento na súa memoria. A continuación, a ruta segue por terras da Mahía, con parada en  Ortoño: lugar no que naceu o pai de Rosalía, e no que se fundou no ano 1923 o Seminario de Estudos  Galegos. Seguimos por estas fértiles terras, e  paralelamente ao río Sar (o río da vida de Rosalía de Castro, pero tamén o seu río literario cantado en varios poemas). Por iso, se o viaxeiro dispón de tempo, recoméndase realizar unha pequena senda de aproximadamente 2 horas de duración “As Ribeiras  do Sar” que une os municipios de Ames e de Brión. Aínda en terras da Mahía, un punto crave do itinerario; un lugar de referencia na vida de Rosalía sobre o que escribiu o seu afamado poema: “Campanas de Bastavales”:

“Campanas de  Bastavales,  cando  vos  oio tocar,  Mórrome de soidades…”

Cantares Gallegos, 1863

Desde ese punto divisaremos todo o val da Mahía, vendo mesmo ao fondo as torres da Catedral de Santiago de Compostela. Se se dispón de tempo, recoméndase visitar a  Carballeira de Santa  Minia, lugar no que se atopa o Santuario de peregrinación de Santa  Minia.

Deixando atrás estas terras da Mahía, o itinerario segue como o río Sar, cara a terras de Padrón: alí, outro punto fundamental a visitar nesta ruta: a Casa Museo de Rosalía de Castro; casa na que pasou Rosalía os últimos anos da súa vida e na que morreu o 15 de xullo de 1885. Recoméndase desprazarse camiñando se hai tempo, ao Pazo de  Arretén: pazo dos devanceiros maternos de Rosalía. Hoxe é propiedade privada que alberga os viñedos que producen o viño albariño que leva o seu nome, Pazo de  Arretén.

Aínda en terras de Padrón, recoméndase visitar o Paseo do Espolón, lugar no que se atopa unha estatua en honra á autora; e a escasos metros, a casa onde ela  vivó coa súa nai, da que hoxe soamente consérvase unha placa.

De regreso a terras de Compostela, outro punto de parada: a Colexiata de Iria e o Cemiterio de Adina, lugar no que estivo enterrada Rosalía de Castro desde 1885 ata 1891.

O noso percorrido termina no Panteón de Galegos Ilustres situado na igrexa de San Domingos de Bonaval, antigo convento dos  Dominicos: alí atópase un  mausoleo á nosa protagonista, Rosalía de Castro.

O espírito de Rosalía de Castro estará de guía durante todo o percorrido para que poidas sentir o que no seu día sentiu Rosalía de Castro; descubrir os lugares desde os que ela escribía; meditar desde os lugares nos que ela meditaba…

Contacta con Galicia é +: hola@galiciaesmas.com e solicita información para realizar o itinerario a medida para 1 ou 2 persoas, viaxes en grupo, ou como parada nun circuíto por Galicia.

 

excursion-ruta-rosaliana

escapadas-ruta-rosaliana