Creación de experiencias
Creamos experiencias acordes ao turismo consciente, máis aló do turismo sustentable e responsable. A través destas experiencias conscientes conseguimos os seguintes obxectivos:
- As administracións estarán a implantar unha política turística eficaz, traballando por un turismo consciente, e creando un destino consciente.
- As empresas locais integraranse nas experiencias ofrecendo os seus servizos contribuíndo á creación dun destino consciente
- A comunidade acollerá positivamente estas experiencias por tratarse de viaxes éticas e responsables co medio ambiente.
- Os viaxeiros poderán gozar de vivencias transformadoras que lles fagan descubir a súa propia viaxe interior.
Exemplo de traballo relacionado con este servizo:
- Ruta A Bella Otero para o Concello de Valga. Xuño a decembro 2018
- Experiencias para o Xeodestino Costa da Morte: A Ruta do Sol en Costa da Morte e Ruta Literaria en Costa da Morte. De xullo a outubro 2018
- Rutas literarias con María Vinyals para Turismo Rías Baixas. Abril a xuño 2018
- Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía” para os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago. Novembro 2017 a maio 2018.
Educación turística
Apostamos pola creación dunha nova escola: Galicia con Alma. Desenvolvemos accións de formación dirixida a profesionais do sector do turismo e de sensibilización para a poboación das comunidades locais co gallo de conseguir un turismo consciente.
En dúas palabras: creamos conciencia.
Creación de eventos e de actividades de ocio
Creamos eventos e actividades de ocio conscientes. Traballamos nun novo concepto de política cultural na que se fusiona turismo e xestión cultural acordes a unha realidade cambiante a partir da creación de eventos. Unha política cultural ben estruturada garante conexións materiais e inmateriais fusionando a tradición coa innovación. Os nosos eventos e actividades de lecer constitúen unha ferramenta para os dirixentes políticos e son unha xanela do estado moderno cara á cidadanía.
Proxectos relacionados con este servizo:
- A Bella Otero Retorna a Valga, 16 de decembro 2018
- Xornadas “As Rosalías da Vida” – evento relacionado coa Ruta Rosaliana
- Saborea Padrón nos anos 2016 e 2017; Xornadas da Lamprea de Padrón 2017 e 2018
Márketing turístico
Coñecemos o importante que é dar a coñecer os nosos produtos, servizos… como reza o dito: non existe o que non se coñece. É por iso que formamos equipo xunto con outros profesionais do márketing para desenvolver políticas de márketing eficaces integrando o márketing offline e o online. Creamos a túa páxina web, elaboramos o teu Plan de márketing, creamos o teu Plan estratéxico social media a medida, xestionamos os teus Medios Sociais, deseñamos a túa imaxe corporativa e material promocional, creamos o teu vídeo promocional… Contacta connosco e dirémosche como podemos axudarche…
Ofrecemos este servizo como complemento aos servizos anteriormente descritos.
Proxectos relacionados con este servizo:
- Creación de páxinas web e actualizacións de: Saborea Padrón nos anos 2016, 2017 e 2018; Xornadas da Lamprea de Padrón 2017, 2018 e 2019.
- Xestión de contidos da web www.areasantiago.es. Novembro 2016 a febreiro 2017.
- Actualización do contido doapartado Axenda Cultural da web de Santiago Turismo http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural. Xaneiro 2016 a decembro 2016