Empezamos o ano con novidades! Imos falar dun novo produto turístico para Galicia, deseñado e coordinado por Galicia é + e que será presentado en Fitur 2018. Trátase dunha # RutaRosaliana renovada, contemporánea, adaptada ás novas demandas e segundo a oferta de cada concello que forma parte da ruta. A partir do itinerario proposto por Avelino Abuín de Tembra nos anos 90, e coa axuda do actual Presidente da Fundación Rosalía de Castro, deseñamos a ruta “As Pegadas de Rosalía”.…