Quen somos

Galicia é +®, é xestora cultural turística e axencia receptiva de Galicia.

O noso obxectivo é claro, poñer en valor o noso patrimonio cultural. material e inmaterial, culturizar o turismo e facer das nosas actividades un valor de indentidade, integrando ao viaxeiro en cada unha das experiencias de Galicia. Unimos viaxeiro e destino.

Facemos Turismo Consciente®, Turismo Creativo.

Nunca tivo a sensación de que  descoñoces o destino,ao que viaxaches ata que coñeces a alguén do lugar e as súa experiencias de vida, crenzas, lendas e cultura? É a diferencia de integrarse no destino co sentir e indentidade do lugar, sen inventar nada, só rescatar a súa esencia máis pura que fai que cada rexión e xeodestino en Galicia sexan únicas.

Entendemos que  o galego forma parte das nosas raíces, cultura e língua materna, polo que atopas español e galego convivindo.

Sabemos que estamos nunha nova era na que a creatividade convertiuse nun dos instrumentos estratéxicos máis importantes do novo paradigma do crecemento económico.

Realizamos unha xestión turística cultural aplicada ao territorio e integración no mercado de desenvolvemento turístico local de toda Galicia.

O noso equipo é flexible segundo o traballo a realizar baixo solicitude e seu obxectivo. Engadimos profesionalidade ca organización vertical e horizontal colaborativa do persoeiro adaptado ao servizo contratado.