A Concellaría de Turismo de Padrón está a traballar na elaboración dunha nova aplicación web para promocionar o Camiño de Santiago da Pedronía -de Compostela ata Padrón- mediante a divulgación de información sobre o seu patrimonio cultural a través de mapas interactivos que permitan percibir esta ruta de peregrinaxe “con tódolos sentidos e desde a alma e para a alma”. Este proxecto denominado “Creando consciencia coa Pedronía” desenvólvese ao abeiro das axudas do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Consellería…