Blog turismo consciente

Curso de verán da UDC: Retos do turismo en Galicia

Unha vez máis, estivemos presentes no VI Curso de Verán da UDC: “Retos do turismo en Galicia: dixitalización, sustentabilidade e calidade”. Agradecemos á Universidade da Coruña e á Dra. do curso, Iria Caamaño Franco, por facernos partícipes. Este ano tivemos a oportunidade de facilitar un taller de Tendencias na industria do turismo na que os asistentes tiveron a oportunidade de crear unha “experiencia consciente”. Foto: Proturga + info en Español
Read More

Sendero al sol, actividade consciente no I Trail de Lousame

O sábado 29 de xuño celebrarase o I Trail Nocturno de Lousame Fervenzas de Toxosoutos no Concello de Lousame. Galicia Es Mas colabora organizando unha actividade especial para acompañantes: o “Sendero al Sol”, unha andaina que vai desde as Fervenzas de Toxosoutos ata Monte Culou; desenvólvese á vez que o propio trail. A saída é ás 21 h desde as Fervenzas de Toxosoutos, aínda que agradecemos que a xente estea un pouco antes, para ser puntuais. O Sol non espera……
Read More