O sábado 29 de xuño celebrarase o I Trail Nocturno de Lousame Fervenzas de Toxosoutos no Concello de Lousame. Galicia Es Mas colabora organizando unha actividade especial para acompañantes: o “Sendero al Sol”, unha andaina que vai desde as Fervenzas de Toxosoutos ata Monte Culou; desenvólvese á vez que o propio trail. A saída é ás 21 h desde as Fervenzas de Toxosoutos, aínda que agradecemos que a xente estea un pouco antes, para ser puntuais. O Sol non espera……