Comezamos o ano agradecendo e felicitando ao Club Lousame Deporte por contar con Galicia é + no asesoramento e apoio do IV Trail San Silvestre de Lousame. Pasiño a pasiño cara a integración do evento no turismo deportivo, dase coñecer tanto a Galicia de natureza e os seus sendeiros coma os productos autóctonos. Tanto o acompañante coma o participante teñen lugar neste evento. 

Destacamos este ano o bon facer, dada a situación que estamos a vivir ca pandemia. Non é facil xestionar 400 persoas no trail, 75 no PequeTrail e 110 na Andaina. Noraboa aos tecnicos de deportes e cultura do Concello Lousame, así coma ao voluntariados sen os que todo isto, non sería posible.

Nós falamos de Jíbilen a mascota que naceu no 2019, facendo presencia a través dos premios do evento. É un xabarín que representa a forza que precisa ter o corredor/a nos montes de Lousame. Falamos de vontande; dureza; cabezonería; forza; atención; intelixencia; gosto pola lama,etc… e moito respeto polo entorno xa que é a súa casa.

A tradición celta dende antaño é coñecedora da importancia e uso dos elementos no territorio. As cualidades dos animais forman parte da adoración ás deidades e éstas a súa vez forman parte de cada un dos elementos. A unidade nun todo… Neste caso o animal que representa a Lousame é O Xabarín “Jibilen, quen empodera ao vencedor/ra recoñecendo as súas cualidades nel ou nela.

Este ano estivo presente nos premios e sumouse no logo e físicamente, ondando a bandeira do Territorio Jibilen animando pese ao frío e a choiva, que foron aliados no entorno e fixeron mais interesante as baixadas e subidas dende San Lourenzo. Moitos/as gritaban no percorrido ” ¿Quén fixo isto?”… A resposta: Jibilen

Jíbilen é doce para xerar empatía cos nenos e adultos, aínda que o seu territorio esté cheo trampiñas e dificultades dos que gostan os xabaríns e os/as xabaríns e xabarinas participantes.

Este ano encheuse o aforo quedando moita xente fora do evento, pero para ano…máis e mellor…

Grazas por facelo posible:

Podedes atopar maís información e fotos en:

https://www.facebook.com/lousame.deporte.7

https://www.facebook.com/galiciaesmas

#TerritorioJibilen sólo apto para amantes da natureza. Idenditidade Xenuina. #TurismoConsciente poñendo o valor o territorio e o que este ofrece a quen se que queda a disfrutalo.