Paso a paso vamos mellorando…

Emprender con novas formas de ver o turismo, mais aló do turismo sustentable non é sinxelo. Primeiro porque hai que traballar na conciencia local e na do viaxeiro. Segundo porque é preciso fiar cada detalle para que as experiencias sexan pegadas e iso só é posible co factor humán no seu máximo potencial. Cada un dos nosos traballos fía as emocións para experimentar no territorio ca identidade que o fai único. 

O coñecemento do destino a través das emocións que se experimentan ao sair do ámbito de comodidade é sen dúvida unha nova forma de entender o turismo e que actualmente está a convivir co turismo tradicional.É en definitiva unha viaxe interior a través das experiencias en tódolos eidos: cultural, gastronómico, creativo, etnolóxico, de aventura, etc. Isto é posible grazas ao traballo conxunto de moitos a nivel privado e remando ao carón da administración pública que aposta por novas formas de política social-cultural e turística. Rescatamos o patrimonio ca linguaxe contemporánea de consumo, o ocio e cultura local na viaxe.

Recoñeco que isto é unha labor de titanes, derrumbar creencias e formatos que levaron a entender ao turismo como debastador. Pero sí é posible sí é posible su se transforma a maneira de viaxar, respetando o destino e o seu valor coma identidade única, lonxana da globalización cara a mundoloxía coma unha oportunidade de ser e darlle un uso constructivo ao turismo, en converxencia ca economía, calidade de vida e crecemento persoal.

 Por todo este traballo  dentro del turismo convencional o conseguir estar adherido ao SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos) o consideramos todo un logro polo noso esforzo nun camiño de incomprensión e confusión de moda pasaxeira para moitos. 

Grazas por facer posible o continuar. Cada día intentamos aportar e mellorar no noso traballo.

María Luisa Ferreiro Veiga

Ceo Viajes Alma Gaia & Galicia Es +