guia-arousa

Semana de novidades… seguimos compartindo noticias. Hoxe queremos anunciar outro membro de Galicia é +, un novo colaborador.

Un medio con alma… que realiza difusión de noticias por varias canles e espazos para dirixirse aos diferentes tipos de público. Falamos da Guía de Arousa liderada por Diego Alcaine, a súa ialma. Para os que coñecedes ese medio, algún de vós é capaz de imaxinar a Guía de Arousa sen Diego? E os que non o coñecedes, animámosvos a que o fagades.

Ata hai pouco, Guía de Arousa centrábase na difusión da programación cultural, turística, deportiva, didáctica… de Vilagarcía de Arousa. Tras varios anos de proba e desenvolvemento, (e consolidación nese pobo), expándese a municipios dese territorio, ‘Arousa’ e incorpora a un novo membro no equipo, Carlos López Nogueira.

Para nós, é un exemplo de valentía e coraxe para os tempos que corren, e non por emprender, senón por manterse e consolidarse. Hoxe falar de Guía de Arousa en Vilagarcía, é falar dunha comunidade; unha rede social viva, de persoas, tal e como nos comenta Diego. Por iso, gratamente apoiaremos a Guía de Arousa, ao mesmo tempo que eles nos apoiarán, porque como di Luisa: ‘todo suma’; ou como di Minia: o futuro presente é o ‘traballo en rede’.

Sen máis, animámosvos a que coñezades máis sobre Guía de Arousa na súa web e se sentides que podedes achegar algo á súa comunidade, contactade con eles e colaborade. Están a desexar ampliar e adherir novos municipios; pero para iso, necesítase financiamento.

‘Guía de Arousa Non é un servizo municipal, non depende de ningunha institución, grupo empresarial, partido, grupo paramilitar nin seita :D. entón?..’?