Seguimos con novidades! A todos gústannos os tratos especiais, verdade? Sentirnos diferentes? Pois desde  Galicia é + pensamos en crear os “Bonos de Galicia é +”

bono-galiciaesmas

Serán bonos que crearemos con diferentes temáticas (experiencias e excursións, escapadas, eventos…) que che enviaremos por correo electrónico e cos que conseguirás prezos especiais, descontos… Ademais, serás o primeiro en enterarte das nosas novidades.

Cos bonos de Galicia é + integraraste na nosa comunidade, coa opción de formar parte dun grupo de whatsaap e tamén dun grupo privado de Facebook (ambos os grupos opcionais). O que si terás seguro, son os descontos e gratuidades.

Presentamos o primeiro para o concurso de tapas de Saborea Padrón en Padrón entre o 6 e o 15 de outubro. Con este bono desconto terás prezos especiais nas actividades. E se realizas as 3  (ruta etnobotánica gratuíta, a Pedronía con prezos desde os 33€ ou menos, e a visita ao Convento de Herbón e tapa Saborea por 3€) entrarás no sorteo dun lote de produtos gastronómicos.

Non esperes máis, e pide o teu!   En reservas@galiciaesmas.com

Nota: o bono para ser válido, debe de ter un número de referencia/código.

Vémonos en saboreando #Padrón!