Un ano máis, celebrouse o Saborea Padrón no concello de Padrón, e Galicia es + tivo a oportunidade de xestionar as actividades que se levaron a cabo. Desta vez, ámbalas dúas en Herbón.

actividades-herbon

A primeira delas, o domingo 8 de outubro, tivemos a oportunidade de visitar o Convento Franciscano de Herbón, da man dunhas das persoas membro da Comunidade Franciscana. Un grupo de 50 persoas (e máis de 10 en lista de agarda) se anotaron para pasar unha tarde descubrindo o Convento; xente de tódalas idades, veciños de Padrón e veciños de outros concellos dispares coma Santiago de Compostela ou Vilagarcía de Arousa. Os máis novos quedaban prendidos do aire de misterio que agochan os muros do Convento…  Outros veciños de Padrón de mediana idade, lembraban os tempos nos que había Seminario e os aspirantes a Franciscanos corrían polas aldeas veciñas de Herbón; outros, máis novos, querían lembrar acontecementos que alí pasara e que lle traían recordos; ou pisar por primeira vez eses espazos cheos de lendas, misterios…

Na segunda fin de semana de celebración do Saborea Padrón, organizouse unha andaina etnobotánica. Varios días antes, xa tiñamos as prazas cheas, e tamén quedou listaxe de agarda. Outra tarde de emoción… Máis de 20 persoas, e máis de 2 horas falando de plantas curativas… No grupo, xente de todas as idades: os máis pequenos aprendían dos maiores; os de maior idade, falaban dos usos que lle daban nesa zona, incluso María das Herbas (a persoa que impartía o curso) aprendeu cousas novas… E os máis novos, tomábamos nota e escoitábamos atentos dos usos desas herbas para usar máis a fitoterapia e menos os medicamentos.

Dous paseos ben agradables, cun tempo inmellorable…  nun terreo cheo de misterio no que se para o tempo: Herbón.

Graciñas a tod@s os asistentes, ate a próxima!