Tal e como comunicaba estes días o Concello de Ames, nos próximos meses realizaranse varias accións sobre a Ruta Rosaliana en Galicia “ As Pegadas de Rosalía”.

Na reunión celebrada o pasado mércores 29 de febreiro nas instalacións de devandito concello, realizouse un balance dos traballos realizados, entre eles, a acción de promoción realizada en Fitur 2018. Concluíuse que foron uns excelentes resultados, polo cal, os tres Concellos fundadores de “As Pegadas de Rosalía” Ames, Brión e Padrón, decidiron executar novas accións ao longo dos meses de marzo, abril e maio contando novamente con Galicia é +.

Desde Galicia é +  non podemos alegrarnos máis por ver tales resultados dun traballo realizado para o que puxemos todo o noso empeño e esforzo (tanto profesional como persoal). Tal e como era a previsión nun principio con esta nova Ruta Rosaliana, colocouse a primeira pedra, pero quedan moitas máis actuacións a curto, medio e longo prazo, sobre ” As Pegadas de Rosalía”.

Grazas aos 3 Concellos fundadores por confiar e seguir confiando en Galicia es +!

+ info: Concello de Ames

Foto: Concello de Ames

ruta-rosaliana