La base está no solo en vender Galicia, sino en su patrimonio inmaterial, que debe ser puesto en valor por todos los gallegos

Así destacaba a intervención da nosa Directora María Luisa Ferreiro Veiga, a Nota de Prensa publicada con motivo do evento 37 Reunión de asociaciones y gestores culturales.

Grazas a Carlos Henrique Fernández Coto, representante de APATRIGAL, tivemos a oportunidade de falar do traballo que estamos a realizar en Galicia sobre as Rutas Literarias desde Galicia é mais. A primeira da que xa falamos en numerosas ocasións: “ As Pegadas de Rosalía”, ruta da vida e obra de Rosalía de Castro. Nestes momentos, traballando nunha nova ruta literaria por Costa da Morte (e ata aquí podemos ler) e en breve, seguiremos con Castelao (non pode faltar!!). E entre literato e literato, ocupadas coa Bella Otero por terras de Valga… o que dará de si este personaxe!! Porque por fin, A Bela Otero regresa á súa terra… atentos!!!

Compartimos convosco, o contido publicado nos medios sobre a nosa intervención, e tamén a noticia de El Correo Gallego.
O valor do patrimonio inmaterial a través de vías literarias de Rosalía de Catro, Castelao ou Pondal
A cofundadora da consultoría Galicia é +, Luisa Ferreiro Veiga, ofreceu un relatorio sobre as posibilidades e o potencial das vías literarias en Galicia, centradas nos grandes escritores galegos como Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Concepción Arenal ou Camilo José Cela, entre outros moitos.
A experta explicou que é necesario poñer en valor este patrimonio inmaterial, incluíndoo nas accións turísticas e itinerarios culturais, sempre co apoio das Administracións Públicas, os axentes turísticos e da man de Apatrigal. “O turismo de sensacións ou emocional, o turismo sustentable, persegue que a viaxe sexa unha experiencia, integrando ao visitante na forma de vida do lugar e aumentando as pernoitas nos aloxamentos” –indicou–.
A primeira experiencia foi a vía literaria de Rosalía de Castro, un percorrido aberto este ano que transcorre polos concellos de Padrón, Ames, Brión e Santiago, que conta xa co beneplácito da sociedade galega. A experta explicou que o perfil do demandante correspóndese a un visitante de máis de 35 anos, cun nivel cultural alto, amante da natureza e da gastronomía.
Tras o éxito da súa presentación en Fitur e a gran acollida por parte dos touroperdores, Luisa Ferreiro comentou que actualmente se está tratando de proclamar vía cultural, para o que é preciso cumprir unha serie de requisitos específicos e incluír o patrimonio inmaterial na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. “A base está en non só vender Galicia, senón o seu patrimonio inmaterial que debe ser posto en valor por todos os galegos” –manifestou–.
Luisa Ferreiro apuntou que outra fórmula que utilizan nestes itinerarios para fomentar a concienciación social do valor do patrimonio inmaterial é realizar actividades para nenos. Ademais, actualmente Galicia é + está a traballar nunha nova vía literaria na Costa da Morte.
Desde Galicia es mas, reiteramos o noso agradecemento a Carlos Henrique Fernández Coto, polo seu fiel apoio. GRAZAS!