Blog Brión

Próxima saída: excursión na Ruta Rosaliana

  “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar… mórrome de soidades” Así reza unha das poesías máis famosas de Rosalía. O día 11 de maio teremos a oportunidade de escoitar esas campás (as da foto) e moito máis… (haberá sorpresas) nunha excursión organizada polos Concellos de Ames, Brión e Padrón Durante a xornada contaremos coa presenza do espíritu de Rosalía (a actriz Chiruca Tarrío); rematando o día cun acto na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a…
Read More

A Ruta Rosaliana “As pegadas de Rosalía” énchese de emocións

O pasado 5 de maio, unhas cen persoas tiveron a oportunidade de realizar de maneira gratuíta un percorrido pola Ruta Rosaliana “As pegadas de Rosalía“. Os veciños dos municipios organizadores desta ruta: Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela visitaron, ao longo de todo o día, os lugares máis emblemáticos na vida da escritora. Durante este itinerario cultural desenvolvido a partir da ruta deseñada polo intelectual Avelino Abuín de Tembra os asistentes contaron coa presenza do “espírito” de Rosalía interpretado pola…
Read More

Presentación nova Ruta Rosaliana en Fitur: “As Pegadas de Rosalía”

Empezamos o ano con novidades! Imos falar dun novo produto turístico para Galicia, deseñado e coordinado por Galicia é + e que será presentado en Fitur 2018. Trátase dunha # RutaRosaliana renovada, contemporánea, adaptada ás novas demandas e segundo a oferta de cada concello que forma parte da ruta. A partir do itinerario proposto por Avelino Abuín de Tembra nos anos 90, e coa axuda do actual Presidente da Fundación Rosalía de Castro, deseñamos a ruta “As Pegadas de Rosalía”.…
Read More