campa

Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar… mórrome de soidades”

Así reza unha das poesías máis famosas de Rosalía. O día 11 de maio teremos a oportunidade de escoitar esas campás (as da foto) e moito máis… (haberá sorpresas) nunha excursión organizada polos Concellos de Ames, Brión e Padrón

Durante a xornada contaremos coa presenza do espíritu de Rosalía (a actriz Chiruca Tarrío); rematando o día cun acto na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia a cargo de Anna Mélikhova: soprano rusa afincada na terra de Rosalía. Agardamos por vós tras #AsPegadasdeRosalía”! PERCORRIDO Panteón de Galegos Ilustres, Igrexa de Bonaval Praza de Vigo San Xoán de Ortoño Igrexa de Bastavales Comida libre en Padrón Visitas a lugares rosalianos en Padrón Casa Museo Rosalía de Castro Acto final Santa María a Maior de Iria Flavia + info. nos carteis seguintes: