O vindeiro martes a empresa Viaxes Alma Gaia ca marca Galicia é +, remata o contrato menor de servizos como “Informadora turística na Oficina de Turismo do Concello de Padrón”.

Seguindo os criterios dos técnicos e responsables municipais da área de turismo no término municipal do Concello, María Luisa Ferreiro Veiga desempeñou dende o 15.06.20 ata o 15.09.20 o obxecto de contrato, mediante adxudicación do servizo para a atención diaria da oficina da oficina de turismo de Padrón.

O servizo  foi  adxudicado mediante concurso a diferentes empresas. As función profesionais desempeñadas foron as correspondentes coma técnica de turismo en consonancia co perfil profesional que se solicitou para o posto:

  • Servizo de información turística e atención a visitantes, turistas nacionais e internacionais chegados á oficina nos idiomas de galego, castelán, portugués e inglés, así como á poboación local e de proximidade.
  • Atención dirixida a peregrinos: selado de credenciais, expedición de diplomas Pedronía e Traslatio.
  • Realización de visitas guiadas no Xardín Botánico (de balde)
  • Revisión e actualización dos aloxamentos de Padrón a arredores.
  • Revisión e actualización dos horarios de tren e liñas de autobús de Padrón e arredores.
  • Revisión e actualización de horarios de museos e igrexas de Padrón.
  • Revisión e actualización de documentación interna para xestión de acción en feiras promocionais, actividades con comercio e hostelería, etc.
  • Preparación de material comercial con manexo de diversos programas.
  • Realización de estadísticas: recollida mensual de datos dos turistas (visitantes, peregrinos e grupos) que visitan e se achegan á Oficina Municipal de Turismo de Padrón. A finalidade é estudar o perfil do turismo de Padrón e poder valorar con cifras o seu impacto.
  • Mantemento das medidas sanitarias Covid 19. Expurgo da oficina e mostrador onde se facilita información ao visitante.

Destacamos na execución neste posto de traballo, as medidas hixiénico-sanitarias:

  • Uso de mascarilla durante toda a xornada laboral
  • Expurga do mostrador por cada visitante atendido
  • Uso de xel hixienizante obrigado á entrada da oficina e para uso da informadora turística.
  • Desinfección de mesas e cadeiras por cada uso dos visitantes
  • Desinfección diaria do punto de información e turismo+

No eido do turismo, Padrón está sendo un exemplo a seguir.  Desde o departamento de turismo estase a facer unha actividade innovadora cunha aposta pola xestión consciente en destino,  poñendo en valor a indentidade local, cun cuidado ao visitante excelente.

Todos os agradecementos por contar con nos e facer posible o sumar na colaboración pública-privada cara un turismo moito mais que sostible, consciente polo seu sentido, formas e obxetivo.

#XestoraCulturalTuristica #GaliciaÉ+ pq #GaliciaÉ